Charlamos co xerontólogo Miguel Anxo Álvarez González, quen conta con diversas especialidades e másteres no ámbito da Saúde e Xerontoloxía. Antes, foi comandante do Exército, cunha traxectoria militar durante vintecinco anos. É autor de dous proxectos de xerontoloxía creados a partir de ensaios prácticos: O Método Cidade de Pontevedra e o Método Cotobade.
Co Método Cidade de Pontevedra obtivo o impacto da orientación na calidade de vida e a capacidade funcional dos participantes. Co Método Cotobade utilizou as actividades de orientación no espazo natural para comprobar como melloran a memoria. Resultou ser a primeira experiencia en Ciencia que relacionaba a memoria coa orientación espacial.
Acompáñanos con motivo da súa sétima publicación: 'A memoria das persoas maiores. Que facer para mellorala'. Cedeu a primeira edición á Federación de Pensionistas de Comisións Obreiras, de forma que esta central sindical distribuirá a afiliados, entidades sen ánimo de lucro e organismos relacionados con persoas maiores os exemplares do libro que se acompaña dun caderno de actividades de memoria.
(Imaxe. Mónica Patxot)