Luís Boullosa é músico, escritor e xornalista. Estudou Dereito aínda que nunca exerceu. É autor de 'El puño y la letra' e 'Santos y francotiradores', ensaios xornalísticos ao redor da relación entre a música moderna e a literatura. Como xornalista a súa traxectoria pasou por diversos xornais de papel e dixitais ademais de revistas como Ruta66, fanzines e blogues. Como músico formou parte de máis dunha decena de bandas, pero centrámonos nos dous últimos proxectos: Broke Lord e Digital Mother.