Carla d' Pont é a pontevedresa Carla López Rodríguez. Doutorada en Comunicación, dedícase á consultoría de negocios dixitais de marca persoal desde Austria. Como emprendendora asesora a outras mulleres emprendedoras a iniciar e canalizar os seus negocios dixitais.
Nunha data como a do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, trae o seu consello: "que se atrevan, créanllo e déanse unha oportunidade. Eu paseime anos esperando a que ma desen, ata que me dí conta que eu era a primeira que tiña que darse esa oportunidade".