José Abel López Varela debuta no mercado editorial co título 'Un niño en los 80'. Un neno dos oitenta, en A Lama, na parroquia pontevedresa de Mourente e no municipio costeiro pontevedrés de Cangas. Son estes emprazamentos onde discorreu a infancia deste técnico de telecomunicacións.
Comezou a escribir sen idea de publicar durante a pandemia. Unha pandemia que levou por diante o traballo que viña desenvolvendo e que non llo devolveu. É un escritor novel que recibiu o si das dúas editoriais ás que presentou a ese neno dos 80.