Falamos con Miguel Fraguas (percusións, whistle e gaita) que xunto a Franc Gorriz (batería) son os fundadores de Laroá. Levan no panorama musical galego desde 2016. En 2020 embarcáronse na xira 'Camiños', pero a pandemia freou o seu proxecto.
Volven cos 'Camiños' redefinidos. Con novos integrantes. Conseguiron achegarse ao son que buscaban desde o inicio "moi pegado á raíz, á terra, coas sonoridades que nos caracterizan que son as músicas do mundo e o jazz. Sentimos que estamos no momento máis doce de Laroá".