Cara a cara #265: Ángel Arcay e as receitas das Mendoza

Radio
02 de febreiro 2022

Ángel Arcay Barral, autor de 'Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza'.

Cara a cara #265: Ángel Arcay e as receitas das Mendoza /
Cara a cara #265: Ángel Arcay e as receitas das Mendoza
Cara a cara #265: Ángel Arcay e as receitas das Mendoza

As irmás Concepción e María Mendoza Babiano foron recompilando durante décadas receitas de cociña. Fixérono, como practicamente todo, á súa maneira. Un século despois, o historiador, especialista en Patrimonio Documental e Bibliográfico, Ángel Arcay Barral, plasmou nun libro o resultado dun prolongado traballo de investigación arquivística: 'Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza'

A publicación está acompañada ademais de recensións do xurista e investigador Ernestro Vázquez-Rey sobre a biografía das irmás; do Mestre de Cociña do CIFP Carlos Oroza, Ricardo Fernández Guerra e dos xornalistas gastronómicos Ana Vega e Jorge Guitián. Este xoves 3 de febreiro, o Museo de Pontevedra ofrecerá unha presentación do libro ás 19.30 horas.