Cara a cara #264: 'Bocados matemáticos' de Paulo González

Radio
31 de xaneiro 2022

Paulo González Ogando, autor de 'Bocados matemáticos' e profesor de Matemáticas no IES Johan Carballeira de Bueu.

Cara a cara #264: 'Bocados matemáticos' de Paulo González /
Cara a cara #264: 'Bocados matemáticos' de Paulo González
Cara a cara #264: 'Bocados matemáticos' de Paulo González

Paulo González Ogando é profesor de Matemáticas no IES Johan Carballeira de Bueu e autor do recente libro 'Bocados matemáticos'. Con el pretende "mostrar aspectos que nas aulas quedan fóra, tócanse de forma puntual, aplicacións que en aulas poden non ter sentido abordar pero que si son interesantes... facer que a xente vexa as matemáticas con outra mirada, que perda os medos e bloqueos e déanlles outra oportunidade". 

Outro engadido é que está escrito en galego (Xerais). Paulo González lamenta que se exclúa a lingua galega de materias como as Matemáticas, a Física e a Química e reivindica co libro a ciencia escrita en lingua galega.