O 27 de xaneiro é o Día Internacional da Conservación e Restauración, que nesta ocasión ten como lema: Sen profesionais non se conserva o patrimonio. Falamos con Carmen Lorenzo Rivera, directora de Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, ubicada en Pontevedra.
Déixanos no podcast reflexións interesantes, unha delas: "o patrimonio dun pobo é a súa propia identidade, entón se non conservas esta identidade que che queda para deixar ás xeracións futuras?" e tamén nos esperta curiosidades cando preguntamos polo patrimonio mergullado en Galicia.