Fernando Álvarez Cao é adestrador e director deportivo do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, entidade deportiva que este próximo xoves 20 xaneiro recibirá o Premio Cidade de Pontevedra 2021 no apartado de persoa xurídica. Un recoñecemento que igualmente recibirán os filólogos Vitoria Ogando e Anxo González, no apartado de persoa física.
Labor social e actividade deportiva acompañan ao Club pontevedrés cuxa presencia xa transcende ao ámbito europeo. A docencia e mellora do galego van parellos á traxectoria profesional da parella premiada.