O pontevedrés Sirio Sesenra é creador, divulgador e director de xogos de rol. Ten miles de seguidores na súa canle de YouTube ao redor deste universo lúdico e tamén o blogue Las Semillas de Cao Cao. Colaborou coa Universidade Juan Carlos I e ten unha actitude inclusiva da muller nos xogos de rol.
Ten dous xogos con nome propio,'Robotta' e 'Wamatse' e noutros trece achegou unha aventura ou fragmentos de manuais de rol. Este decembro terá xa en preventa 'Técnicas, consejos y trucos para jugar a rol' un libro pensado para "persoas expertas que queiran buscar ferramentas diferentes e tamén a persoas iniciadas".