Alfredo Sánchez Seara ponse este sábado 20 de novembro á fronte da Banda de Música de Salcedo. Unha responsabilidade que non é a primeira vez que asume e que exercerá de momento ata concluír decembro. A de músico é unha profesión que se sucede na familia de Alfredo, de feito o seu pai xa foi tamén director desta Banda de Salcedo.
Lémbranos as vicisitudes superadas na Asociación Músico Cultural San Martiño desde o comezo da pandemia e que ata fai un par de meses estiveron condicionados: "xa volvemos e agora toca volver tirar cara a adiante". O concerto previsto no Teatro Principal de Pontevedra comezará ás 20.00 horas e ofrecerá ao público un variado repertorio.