Profesores do CEIP Praza de Barcelos realizaban durante tres semanas deste mes de outubro un taller denominado 'Vivir sen ansiedade'. Nada de charlas na que unha persoa fala e os seus destinatarios escoitan. Roupa cómoda, esterillas e colchóns para sentar, tombarse e realizar as prácticas nas que atender como está e que di o corpo.
Unha convocatoria que impartía Lucía Santomé, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, con especialidade en Educación para a Saúde Física e Mental. Ademais é monitora certificada do método LK Movemento Intelixente, que foi o que ofreceu a este profesorado.