'Lo contaré en la Rolling Stone' é o último proxecto musical do cantante e compositor pontevedrés Javier Lago López. Un tema co que pretende "recuperar esa ilusión de neno que se vai perdendo coa madurez, esa inxenuidade dos soños grandes".
Desde o pasado xoves 14 está dispoñible en todas as plataformas musicais e vai acompañada dun vídeoclip - que dada a súa formación universitaria audiovisual tamén dirixiu e editou - e para o que se rodeou dun equipo de confianza, repleto de nomes pontevedreses. Ademais de escribir, compoñer e o traballo audiovisual, tamén traballou na súa presenza dixital: conta coa súa web, canle de Youtube e redes sociais.