Alexandre defínese como artista multidisciplinar. Alexandre González García recoñécese entre o rock que escoitaba en casa de Platero y Tú ou Loquillo e o rap, o hip-hop, que vía na a televisión ou Youtube de Kase.O, Violadores del Verso, Nach ou ZPU, "ese tipo de xente predicaba uns valores cos que me sentía moi conforme e fíxome sentir parte de algo" .
'Zeitgeist', ademais dun concepto filosófico, é o nome que lle puxo ao seu primeiro traballo musical. 'Uróboros' será o título do seguinte. Entre 'Zeitgeist' e ' Uróboros' está 'La ley del silencio', un tema sobre a mafia, un videoclip de película ambientado en enclaves da ría de Pontevedra.