Tres nomes e un patrimonio inmaterial compoñen este podcast. 'Ricardo Portela, dúas palabras verbo da gaita galega', título del libro de José Luis Calle García que agora se reedita a pedimento da Asociación de Gaiteiros Galegos e a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Con Alberto Pires, vogal da Asociación e artesán na elaboración de gaitas desde o seu taller de Pontesampaio, charlamos do "mestre do toque pechado", da súa actividade artesanal e da música tradicional galega neste momento actual.