Cara a cara #231: Cristina García Fontán

Radio
29 de abril 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Cristina García Fontán (Cotobade), arquitecta e profesora de Urbanismo e Paisaxe.

Cara a cara #231: Cristina García Fontán /
Cara a cara #231: Cristina García Fontán
Cara a cara #231: Cristina García Fontán

Cristina García Fontán é arquitecta profesora de Urbanismo e Paisaxe na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. É natural de Cerdedo-Cotobade e este mes o seu nome estivo nos medios informativos con motivo da inauguración da rehabilitación dos Baños de San Xusto, cuxo proxecto leva a súa firma.

Fálanos de como expuxo a actuación estudando a súa historia material e inmaterial, tendo moi presente a paisaxe; e resultando ademais un lugar no que transcorreu parte da súa vida. Facemos oco ademais a un fotógrafo pontevedrés, Jose Chas, a través de cuxo traballo profesional sobre a Memoria Industrial de Galicia, chegou ao nexo que décadas atrás houbo entre aquelas augas medicinais de San Xusto e a Fabril Galega de Xabóns, situada en Mollabao.

(Fotografía: Gaías. Cidade da Cultura)