Descubrimos unha afección de Ángela Paz - Premio Cidade de Pontevedra en 2017 e presidenta da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal ( ASSEII). O miniaturismo, recreacións que realiza absolutamente fieis á Historia con pezas de 15 milímetros - menos que o diámetro dunha moeda dun céntimo de euro -.
De todos os traballos de miniaturismo que leva realizados só conserva dous. Un deles achegouno ata PontevedraViva Radio. A recreación da Confraría do Noso Pai Jesús coa Cruz ao Lombo portando os pasos do Cristo do mesmo nome e do Cristo Yacente.