Cara a cara #218: O de nevar en Pontevedra... segue esperando

Radio
13 de xaneiro 2021

Falamos con María Souto, meteoróloga de Meteogalicia.

Cara a cara #218: O de nevar en Pontevedra... segue esperando /
Cara a cara #218: O de nevar en Pontevedra... segue esperando
Cara a cara #218: O de nevar en Pontevedra... segue esperando

Un Cara a cara para quedar xeados. Falamos coa meteoróloga de MeteogaliciaMaría Souto; da masa de aire frío coa que comezou xaneiro, das excepcionalidades e efemérides que se están rexistrando nos últimos días; do 14 de xaneiro de 1987, cando do mesmo xeito que toda a Comunidade, produciuse a última nevarada en Pontevedra. 

Aínda quedan uns días de frío; pero segundo avanza, a mediados da próxima semana tocará recuperar os paraugas porque se aveciña ese tempo ao que a Comunidade galega está máis afeita: frontes atlánticas con choivas considerables.

(Forografía: equipo de Meteogalicia. De esquerda á dereita  Alberto Romero, Carlos Otero, María Souto, Juan Taboada e Ana Lage).