Cara a cara #205: María Soto

Radio
16 de setembro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

María Soto, psicóloga, logopeda e autora de 'Educa bonito'.

Cara a cara #205: María Soto /
Cara a cara #205: María Soto
Cara a cara #205: María Soto

'Disciplina positiva' é unha metodoloxía con máis de catro décadas e argumentación científica. Descarta a pegagodía baseada no castigo ou premio. "E hoxe en día é evidente que non funciona; non estamos a educar, estamos amaestrando", di María Sotopsicóloga e logopeda galega.

É formadora ademais nesa 'Disciplina positiva' e faino a través de conferencias, talleres e a través do seu blogue. Acaba de editar o libro 'Educa bonito' na que expón a súa experiencia profesional e persoal "despois de seis anos aplicando esta disciplina na miña casa, podo dicir que funciona e os resultados son marabillosos".