Bigotes felinos de Poio quere conseguir que o Concello apoie economicamente a implantación dun proxecto CES (Captura, Esterilización e Solta) entre as colonias de gatos que viven na rúa. Sara Gómez e Belén Iglesias, son as dúas portavoces que explican a iniciativa. Teñen aberto un perfil de Facebook e Instagram para difundir as súas xestións e que sirva de contacto para máis veciños de Poio que tamén estean interesados en colaborar con esta causa. Ao tempo, están a recoller firmas para avalar co respaldo veciñal a súa intención.
Cara a cara #204: Bigotes felinos de Poio
Radio
09
de setembro
2020
Sara Gómez e Belén Iglesias, voceiras de Bigotes felinos de Poio.
Máis novidades