María Sancho mergullouse na caligrafía en Estados Unidos, onde exerceu de profesora de Arte. Unha disciplina, que como conta no Cara a cara, tivo o seu renacemento en Inglaterra a comezos do século pasado. Esta calígrafa artística fálanos ademais de tipografías, escritura ou de lettering, que define como "letras debuxadas" e fai esta comparativa: "a caligrafía é como a música en vivo e o lettering sería a música gravada. As dúas son preciosas, pero diferentes".
Cara a cara #193: María Sancho
Radio
26
de febreiro
2020
María Sancho, calígrafa artística e clásica.
Máis novidades