Ethan Carballo, ten dezasete anos, é pontevedrés e nos últimos días está desbordado. As chamadas de medios de comunicación interesados pola súa afección son contínuas. Desde os sete anos dedícase a comprar bonecas que resideña. Esta dedicación por coleccionar bonecas e recompoñelas co seu propio peiteado, a súa propia maquillaxe e o seu propio vestiario, a mostra tamén nas súas redes sociais de Facebook, Instagram ou a canle de Youtube. En todas elas é Ethan Wolf.
Coñecemos a este Ethan creativo e o Ethan que por ter afeccións diferentes á maioría sufriu serios capítulos de bullying. A un mozo, que convive coa diabetes desde os catro anos e que tamén, como conta, foi outro plus á súa diferenza.