Manuel Losada é funcionario público. Antes exerceu como escolta. Primeiro para persoas susceptibles de violencia terrorista; posteriormente para vítimas de violencia de xénero. A experiencia e ferramentas de probados e efectivos resultados, proporcionadas do devandito traballo, conducíronlle a escribir o seu primeiro libro: 'Sin miedo a la bestia'.
Este pontevedrés, fincado en Vilagarcía, tratou, infructuosamente, que Administracións e institucións editen esta "guía útil para unha nova vida", sen ningún tipo de lucro para el. Como ata a data non foi posible, ofrece a súa descarga gratuíta en Amazon.
En 2017 autoeditó 'La fábrica del olvido', de misterio e terror. O pasado 2019 publicou 'El Misterior de la isla de Cortegada'. Continúa nese mesmo xénero e esta vez con persoas e emprazamentos reais.