Un home e unha muller pioneiros do fitness feminino e o culturismo: a Bella Otero e Eugene Sandow. As miserias e grandezas dunha galega de transcendencia internacional. A dobre vida dunha estrela do culturismo no século XIX. As implicacións - intencionadas ou non - de Sandow no cinema, a novela ou a monarquía británica... en definitiva, dous anos e medio de traballo do pontevedrés, Tomás Abeigón Costa.
Converxen neste Cara a Cara: práctica deportiva, miseria, violación, fama, éxito, erotismo, homosexualidade oculta, desamor, despeito, caridade, adicción ao xogo... Un cóctel de alto grao para un guión de cinema.