As Rías Baixas son unha das zonas do mundo con maior biodiversidade e "temos algo moi imporante nas nosas mans para que as xeracións futuras poidan seguir gozándoo".
O diagnóstico que da Uxía Vázquez - socia voluntaria da CEMMA, a Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños -, é o dun ecosistema enfermo. Moitísimo tráfico mariño, contaminación industrial, sanitaria, etc... Aínda que centramos o Cara a a cara en grandes especies, as máis pequenas tamén poden repercutir os cambios que se están rexistrando nas Rías Baixas. Por exemplo, a temperatura destas augas está a subir anualmente e o prezadísimo marisco galego, pode resentirse.