Trece mil catrocentos quilómetros contabilizan a súa última viaxe sobre dúas rodas: Pontevedra - Ulán Bator, capital de Mongolia. España, Italia, Grecia, Turquía, Xeorxia, Rusia, Casaquistán, de novo Rusia e Mongolia. Durante algo máis dun mes foi compartindo esta experiencia en breves vídeos subidos ao seu perfil de Facebook. Neste podcast comparte un diagnóstico humano, xeográfico, paisaxístico, económico, cultural, relixioso, gastronómico, turístico e automobilístico do periplo. E sobre todo, unha aprendizaxe vital inesquecible.
Cara a cara #171: Miguel Filgueira
Radio
14
de agosto
2019
Actualizado:
27
de novembro
2024
Miguel Filgueira, profesor, empresario, ex concelleiro en Pontevedra e moteiro.
Máis novidades