Os irmáns Carlos e Miguel Setó foron os que en 2008 arrincaron coa compañía Efimer en Cataluña. A día de hoxe levan os seus espectáculos de teatro de rúa por España, Europa e Asia; basta dicir como exemplo que recentemente estiveron actuando en Arabia Saudita. Efimer xa estivo na edición de 2015, cando participaron con ese mesmo espectáculo 'Traps', 'De Peluix' e 'The dance of the death' que é o que a organización recuperou para este ano con motivo do décino aniversario do festival de teatro de rúa Itineranta, como nos explica Carlos Setó. Desta forma regresa ás rúas e prazas de Pontevedra ese esqueleto de cinco metros de altura ao que foron introducindo innovacións co paso do tempo.
Cara a cara #170: Efimer - Itineranta
Radio
31
de xullo
2019
Compañía de teatro de rúa, Efimer.
Máis novidades