Cara a cara #165: Esteban DelaIglesia

Radio
26 de xuño 2019

Esteban DelaIglesia, fotógrafo da exposición 'Como me presento?'

Cara a cara #165: Esteban DelaIglesia /
Cara a cara #165: Esteban DelaIglesia
Cara a cara #165: Esteban DelaIglesia

Esteban Delaiglesia expón 'Como me presento?' xunto ao seu compañeiro de La Diapo Fotografía, Manu Suárez, no Café Moderno de Pontevedra. Explica como foi o making off da mostra fotográfica que se pode visitar ata o 13 de xullo.

"Defender a fotografía como acto social e a partir de aí plasmar encontros fotográficos dos que se extraen dezasete historias", ese é o punto de partida deste proxecto no que fixeron coincidir rostros coñecidos da música, do cinema, da arquitectura, as letras, o deporte... con outros tantos anónimos que se prestaron para a iniciativa tras os contactos mantidos coa Federación de Autismo de Galicia.

Este ámbito de fotografía como instrumento de plasmación da realidade non é o único que traballan, ademais do xornalismo ou eventos, tamén teñen experiencia na ficción. Foi o caso da foto fixa para a serie 'Vivir sin permiso', ' Schimbare' ou 'Pazo de familia'.