Que fixo grande a Matthias Sindelar ademais da súa forma de xogar ao fútbol?, por que o Spartak chegou a xogar un partido na Praza Vermella de Moscova?, ou que sucedio en 1967 no Trofeo Luís Otero xogado en Pasarón?. Son historias e anécdotas das que falamos con Roberto Mansilla e que recolle no seu libro 'A vida nun balón'
É Licenciado en Estudos Internacionais e Máster en Ciencia Política. Exerce profesionalmente como analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e como colaborador en varios medios de comunicación españois e venezolanos, de onde é oriúndo.