Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley'

Radio
26 de decembro 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

O pontevedrés Alexandre Morán é un artista tributo de Elvis Presley. Participará no European Elvis Championships.

Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley' /
Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley'
Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley'

Alexandre Morán ten 26 anos, é pontevedrés e ten fixada a súa residencia actualmente en Palma de Mallorca. Cambiou o Atlántico polo Mediterráneo porque na illa balear o seu traballo tiña máis posibilidades de éxito. É un artista tributo de Elvis Presley. O próximo 5 de xaneiro a súa ilusión non estará posta nos Reis Meigos senón no rei do rock and roll e en Birmingham: no concurso europeo de artistas tributo de Elvis Aaron Presley.