Se a radio non se cruzara na súa vida, non sabe a que outra profesión se tería dedicado. A súa traxectoria profesional está vencellada a Radio Pontevedra. Os seus mellores momentos e o seu maior orgullo foi sacar os micrófonos á rúa e darlle voz aos cidadáns; aínda que a súa non necesite presentación. Meli Fandiño tivo outra paixón dende a infancia, o cinema; algo que de nena custoulle algún berro da súa nai por pasar horas e horas no Cinema Principal e a súa sesión continua. E foi o cinema e as súas viaxes ao Festival de Cine de San Sebastián os que deixaron multitude de anécdotas e vivencias. Como mostra, un botón: John Travolta bailou con Uma Thurman, con Olivia Newton John e con Meli Fandiño.
Cara a cara #14: Meli Fandiño
Radio
22
de xuño
2016
Actualizado:
27
de novembro
2024
Meli Fandiño, locutora, xornalista e cinéfila.
Máis novidades