Manaia, a Asociación Galega de Axuda á Adopción e o Acollemento tomou parte este decembro dun seminario sobre 'Adopción e diversidade' celebrado en Chile. Na súa representación acudiu Antón Mouriz, coordinador de proxectos de Manaia quen conclúe que a experiencia "foi moi boa porque todo o que sexa coñecer outras realidades noutros países é moi enriquecedor. Ademais houbo ocasión de aproveitar para ter encontros con outras asociacións que se dedican tamén ás adopcións e foi enriquecedor para nós".
Cara a Cara #138: Antón Mouriz
Radio
12
de decembro
2018
Antón Mouriz é coordinador de proxectos da Asociación Manaia, Asociación Galega de Axuda á Adopción e o Acollemento.
Máis novidades