Recuperamos para este Cara a cara o encontro que o pasado xoves 29 de novembro tivo lugar no CITA dentro das actividades de EnfocA. A directora de fotografía Lucía Catoira Pan achegou ao público asistente a súa experiencia profesional.
Este 2018 foi un punto de inflexión na súa traxectoria. A comezos de ano converteuse na primeira muller que obtén un premio na dirección de fotografía dos premios Mestre Mateo. Foi coa longametraxe de Andrés Goteira 'Dhogs' que pasou a ser tamén o máis premiado destes galardóns.
Neste encontro falou tamén do seu traballo no curto 'Matria' de Álvaro Gago, que conseguiu o gran premio do xurado no Festival Sundance; e na longametraxe 'Trote' de Xacio Baño, que se vai a estrear o 14 deste mes. Lucía Catoira tamén avanzou algúns proxectos cos que se mostrou ilusionada e que realizou con outras mulleres como Sandra Sánchez ou Sonia Méndez.