A máxima 'modelo de cidade' non é válida para Carlos Moreno "nin modelos de cidade, nin máis intelixente, nin cidade máis atractiva, todo iso son estratexias de márketing. A cidade é moi complexa, cada cidade ten moitos elementos en cuestión. Unha cidade nunca está terminada, non é estática. As cidades viven, desenvólvense, cambian e o máis importante é como se adaptan ás transformacións e niso non hai modelo".
Á marxe de márketing, tamén engade que "Pontevedra é fonte de inspiración pola súa capacidade de xerar calidade de vida urbana co desafío climático e o feito de que os coches non sexan o obxecto central da cidade, senón un elemento máis da cidade; pero outras cidades poden achegarlle tamén fontes de complementariedade".
Participa en Pontevedra no Fórum Internacional RIES, auspiciado polo Clúster Saúde de Galicia e que propón analizar o impacto que a contorna ten na mellora da saúde e na calidade de vida das persoas que as habitan.