A afección pola lectura e a escritura vénlle desde a infancia; grazas ao seu irmán, ao que vía sempre con algún libro. Zamorano de nacemento, e pontevedrés de adopción. Chegou á cidade do Lérez alá por 1974 xunto á súa muller, e aquí naceron as súas dúas fillas. Non está entre aqueles que chegado o momento da xubilación, non saben que facer co seu tempo. Francisco Lozano ten varias afeccións, pero neste Cara a cara, - e como dixo o seu homónimo Umbral: vin a falar do meu libro. "A tiro hecho" xa está á venda, e é posible, que esta sexa a primeira de próximas novelas.
Cara a cara #10: Francisco Lozano
Radio
01
de xuño
2016
Francisco Lozano Rodríguez fálanos da súa primeira novela publicada: "A tiro hecho".
Máis novidades