O verán xa está aquí, confírmeo ou o desminta a meteoroloxía reinante. Así que postos en modo estival, Marcial Outeda e Jesús Fontanes, reviven os veráns boomer. Piscina ou praia?, pero antes de pisar auga, cantas horas había que facer de dixestión?... E quedabas untado de crema ata que parecías un boneco de neve?, eras de infancia da sesta obrigatoria?, eras de vacacións Santillana?... Cales eran as bandas sonoras dos teus veráns?, porque non houbo nin hai verán sen canción do idem. Non vos sufoquedes, que hai refrescos e xeados para toda aquela persoa que entre nesta edición do podcast, chea como sempre de nostalxia e retranca.
Máis novidades