Boomer o último #18: Conspiracións boomer

01 de xuño 2024

Conspiracións boomer.

Boomer o último #18: Conspiracións boomer
Boomer o último #18: Conspiracións boomer

Marcial Outeda e Jesús Fontanes van desta vez de conspiranoicos. Crédulos ou incrédulos de Mr Tartaria, o terraplanismo, ou o cambio climático?, de conspiraciones pandémicas, vacinas, da chegada de Armstrong á lúa?, hai conspiracións ocultas nos chamados efectos Mandela? o máis famoso en España, sen ningunha dúbida, o que tivo como protagonistas a unha nena, un can, un tarro de marmelada... e Ricky Martin

E para completar este cóctel de teorías conspiranoicas, trouxéronse ata os testemuños da Asociación de Abducidos de Santiago. Moitas hipóteses e sobre todo, sempre, moita retranca. Unha tolemia.