Hoteis estraños, tranvías que che atrapan, multas por estacionamento indebido, rexistros aeroportuarios, dificultades co idioma foráneo, vestimentas que xeran dúbidas... atoparás nesta edición unha viaxe polas aventuras e desventuras dos condutores deste podcast, Marcial Outeda e Jesús Fontanes.
Os máis boomer de PontevedraViva Radio traen un contido internacional e plurilingüe cargados coas súas maletas e co Google Maps activado, iso si, sen deixarse de principio a fin de programa o seu habitual e particular retranca.