Autor

Beatriz Suárez-Vence Castro

Beatriz Suárez-Vence Castro

Librepensadora malpensante, aínda que benfalada. Coa cabeza habitualmente nas minchas e bandadas de paxaros na cabeza. Os cans e os nenos sácanme un sorriso inmediato, aínda que o día fora malo.
Creo firmemente que se vive peor sen chocolate. E que debemos parar entre todos a deshumanización. Non me gusta perder o tempo, pero angústianme as présas. Creo en crear a lume lento e nas pausas que melloran o rendemento.
Antes de opinar, fórmome e infórmome. Non opino porque entenda de todo. Opino porque quero chegar a entender.  
Escribo porque o necesito e escribo porque o gozo e quero que quen me lea, goce comigo, aínda que non sexa da mesma opinión. As miñas palabras favoritas son PAZ e GRAZAS.