Xornada sobre prevención e detección da violencia de xénero en adolescentes
Engadir ao meu calendarioCidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra

Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra organiza unha xornada sobre prevención e detección da violencia de xénero en adolescentes.
A xornada será impartida por Marina Marroquí, educadora social especialista en violencia de xénero, e organízase en colaboración coa entidade Alborada a través do seu programa Redes, subvencionado polo Ministerio de Igualdade e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta acción formativa está dirixida a persoas profesionais de toda Galicia que interveñan con nenos e nenas e adolescentes.
A acción celebrarase en horario de 9:30 a 13:30 horas no auditorio do Centro Príncipe Felipe e as persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto no portal web formacion.alborada.org (con rexistro previo), así como dirixirse ao enderezo de correo electrónico redes@alborada.org para solicitar máis información.
A educadora social especialista en violencia de xénero Marina Marroquí impartiu obradoiros de prevención e detección precoz en adolescentes para máis de 350.000 mozos e mozas, ademais de formar profesionais do ámbito policial, xurídico, sanitario e educativo na materia da que será obxecto a xornada en Príncipe Felipe.
Entre os seus méritos atópanse o recoñecemento como unha das 25 mulleres máis importantes da historia da Comunitat Valenciana polas Corts Valencianes ou a Medalla ao Mérito policial da cidade de Barcelona.
Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín