Co gallo de celebrarse os Días Internacionais dos Bosques e a Festa da Árbore (21 de Marzo) xunto o da Auga (22 de Marzo), a Asociación Irmandade Illa de Tambo organiza unha visita guiada áIlla de Tambo.

Ademáis de actualizar a súa historia, darán conta das ideas para "mudar o modelo de vexetación actual e impulsar nese territorio un cambio progresivo hacia un bosque con especies autóctonas tendo en conta os estudos sobre cambio climático e na procura dunha paisaxe estacional, e de paso facer unha
chamada de atención sobre a xestión da auga".

Como remate farán un acto simbólico.

As inscricións poden realizarse ata o día 18 de Marzo a través do email irmandadeilladetambo@gmail.com facendo contrar o nome, apelidos e número de DNI.

O punto de encontro será o Peirao do Catamarán Pelegrín no Porto Deportivo de Combarro con saída as 10,00 horas e regreso da illa ás 13,15 horas. O prezo será de 10 euros maiores de 12 anos e 5 euros entre 6 e 12 anos. Menores gratis.

A actividade podería suspenderse 3 días antes no caso de mal tempo.

Peirao do Catamarán Pelegrín no Porto Deportivo de Combarro, Poio

Máis eventos

Ver máis eventos