Dano Cerebral Galicia, a Federación que reúne as cinco asociacións desta discapacidade que hai na nosa comunidade autónoma, leva o 3 de abril a Vilaboa unha charla que ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna de Vilaboa.

Esta sesión informativa está organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

É unha actividade aberta a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media na Casa da Cultura de Riomaior, en San Adrián de Cobres (Vilaboa).

Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse. Este trámite pode realizarse chamando ao 652 770 653 (Dano Cerebral Galicia), ou cubrindo o formulario que se atopa nesta ligazón.

Casa da Cultura de Riomaior, en San Adrián de Cobres (Vilaboa)

Máis eventos

Ver máis eventos