Nunha nova sesión de teatro improvisado no Mercado de Abastos vai desenvolverse un traballo arredor da violencia contra as mulleres.

Este obradoiro teatral que organiza a Asociación Inzar e promove a concellería de Benestar Social, propón unha experiencia que une liberdade, creatividade e convivencia arredor deste problema social.

A proposta consiste nunha interpretación sen guión previo, na que os actores, actrices e público constrúen un relato colectivo.

Máis eventos

Ver máis eventos