O xoves 21 de novembro celebrarase, ás 19:30 horas, na Libraría Paz de Pontevedra, a presentación de Castelos de cristal, de Sandra Ferreiro.

Nesta presentación, a autora conversará coa escritora Alba Mato Búa.

En Castelos de cristal, Ferreiro constrúe uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.

Este libro nace de relatos que acompañaron á autora ao longo dos anos. Esta proposta mestura fantasía, emocións e esperanza entre as ruínas das historias.

Sandra Ferreiro García (A Estrada, 2000) é graduada en lingua e literatura galegas pola Universidade de Santiago. Escribe desde pequena e gañou e recibiu varias mencións en diversos concursos de relatos.

Gústalle compartir na rede o seu proceso de escritura, onde tamén mostra algunhas das súas creacións literarias, entre as que sempre anda perdida.

Máis eventos

Ver máis eventos