As mulleres que opinan volverán ser perigosas no Teatro Principal. 

Entre os días 14 e 15 de marzo, e cunha entrada de balde até completar as butacas dispoñibles, un total de 15 mulleres pasarán polo escenario dunha cita que recupera o xornalismo no centro da súa temática, reivindicando o seu papel fundamental dentro da sociedade, ao tempo que pon o foco na investigación para publicar casos de violencia sexual ou a información internacional.

Os nomes desta edición amosan carreiras máis que coñecidas e traballos enormemente valorados polo público e a profesión, namentres tamén abre a porta a voces emerxentes dentro do xornalismo, a canteira do futuro da información e da opinión.

12:00 horas. "Non hai historia mala", María Hermida, de La Voz de Galicia.

12:45 horas. "Cuantificar, contextualizar e documentar a violencia machista", Macarena Baena, responsable de Efe Feminista.

13:30 horas. "As malas nais e as fillas horribles: (un tabú?) máis alá da ficción", Blanca Lacasa, xornalista e escritora autora de Las hijas horribles.

14:15 horas. Pausa para xantar.

17:00 horas. "Pensando en ti. Experiencias persoais e opinións de madrugada", Raquel Rosa, da Radio Galega.

17:45 horas. "Xornalismo de investigación contra a violencia sexual", Ana Marcos e Elena Reina, equipo de investigación de abusos no cine de El País.

18:30 horas. Pausa para café.

18:45 horas. "Feridas de guerra. Desmontando o relato patriarcal dos conflitos", Olga Rodríguez, xornalista especializada en información internacional e dereitos humanos de Eldiario.es.

19:30 horas. "Unha vida dedicada á información. Corenta anos de televisión", María Escario, xornalista de TVE xubilada.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos