Sábado de Entroido en Pontevedra
Engadir ao meu calendarioPrazas da Peregrina, Verdura e Ferrería

Prazas da Peregrina, Verdura e Ferrería
12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijóo, coa actuación de Loaira e Os Alegres.
12.30 horas. Praza da Verdura, escaleiras praza de Ourense. Sesión vermú. Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro.
18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. (Prégase a asistencia de loito rigoroso).
19.30 horas. Pasarrúas: A Santa Compaña leva a Ravachol.
21.00 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos, Os Paparrulos e Os Solfamidas. Vamos a Todo e Os Alegres, percorrendo as rúas de San Román, Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferrería.
Praza da Ferrería. Velorio infausto. Honras fúnebres do fenecido Ravachol. Procederase á incineración do finado. Colocarase unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
22.00 horas. Pasarrúas das comparsas Os Canecos, Os Miúdos, As Sonecas, Os da Caña, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.
Prazas da Peregrina, Verdura e Ferrería
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Casa do Pobo de Cerponzóns, Pontevedra