O pregón da Semana Santa de Pontevedra 2025 será o luns día 31 de marzo e estará a cargo de Rosanna López Salgueiro.

Terá lugar no Teatro Principal a partir das 20 horas e a entrada será libre.

López Salgueiro é a directora xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo da Xunta.

O acto incluirá unha homenaxe a Celestino Peón López, que durante 40 anos presidiu a Xunta Coordinadora da Semana Santa de Pontevedra, labor que tivo de deixar por motivos de saúde.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos