A Escola de Saúde Pública (ESP) de Pontevedra pecha a programación do ano 2024 co relatorio 'A resiliencia. Amando a vida' da coach motivacional Belkis Elena Pereira Salbuchi.

Trátase dunha  actividade organizada por Adicam- Asociación de diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, que terá lugar na Sala Valdecorvos da Casa Azul (Rúa Sor Lucía nº4).

A Escola de Saúde Pública-ESP de Pontevedra botou a andar no pasado mes de novembro cun programa de actividades (relatorios, mesas de debate, obradoiros) guiadas polos principios que definen este proxecto: contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas, promover hábitos de vida saudables, ser un
espazo de participación, información e coñecemento do traballo altruísta desenvolvido polas asociacións socio-sanitarias e a defensa da sanidade pública.

Casa Azul (Rúa Sor Lucía nº4), Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos