Proxeccións de 'A nave das Marías' e 'Chichi e mais eu'
Engadir ao meu calendarioEdificio multiúsos de Moraña
Edificio multiúsos de Moraña
Dúas proxeccións cinematográficas enmarcada no Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.
Exhibiranse 'Emoción, vida e teatro. A nave das Marías', dirixida por Saamira Ganay e Cris Andina, e 'Chichi e mais eu', dirixida por Nico Campos.
A primeira fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social a través dunha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, co obxectivo de facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes. As persoas implicadas no seu proceso contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nas súas vidas, deixando testemuño de como pode ser unha ferramenta se efectiva para cambiar a vida da xente.
'Chichi e mais eu' está centrado na figura de Xesús 'Chichi' Campos, pioneiro do cómic galego, galerista, humorista e figura de relevancia na loita antifranquista. Malia o seu carácter pioneiro, é unha das figuras máis esquecidas da cultura galega. O documental percorre a vida e obra de autor trinta anos despois da súa morte e da man do seu fillo, que intenta responder as preguntas que deixou sen facer (tiña 11 anos no momento do seu pasamento).
Edificio multiúsos de Moraña
Máis eventos
Ver máis eventosFacultade de Comunicación de Pontevedra
Libraría Paz
Teatro Principal, Pontevedra