Proxección da película 'Las bicicletas son para el verano' dentro do Ciclo Jaime Chávarri, Feroz Audi de Honra.

As entradas son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforamento. Máximo 4 entradas por persoa.

Amparo Soler Leal, Agustín González, Victoria Abril y Gabino Diego, entre outros, protagonizan esta crónica cálida e próxima dunha derrota, adaptando a obra teatral homónima de Fernando Fernán-Gómez.

O 18 de xullo de 1936 ten lugar o golpe de estado que desencadea a Guerra Civil Española. En Madrid, unha familia formada por un matrimonio e dous fillos comparte os avatares da contenda coa criada e os veciños. O neno da casa, aínda que suspendeu, quere que o seu pai lle compre unha bicicleta, pero a guerra fará que a compra se aprace indefinidamente.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos